Conxunto etnográfico de Congostro
Aldea restaurada en fase de musealización. O valor máis importante desta aldea reside no seu patrimonio etnográfico con elementos de arquitectura popular como muíños, fornos ou cruceiros, así como na súa conformación, conservando as características da aldea limiá tradicional: rúas estreitas e casas moi agrupadas arredor das airas, concentración de canastros como a da Aira da Moa, etc. O Centro de Interpretación alberga unha exposición sobre a historia e a etnografía de Congostro, así como unha mostra explicativa da Vía Nova.