Reserva Biosfera

reserva biosfera
arbol1 toros

As Veigas

As Veigas da Saínza, Ordes e Congostro conforman un lugar de Interese Comunitario. Trátase dunha valgada encharcada por mor da lenta drenaxe, que ocupa unhas 1.500 ha.

O significado máis común de “veiga” é pasteiro húmido. O asolagamento nas estacións húmidas confírelle unhas especiais condicións ás zonas húmidas e ás carballeiras. Nelas conviven gran diversidade de especies, anfibios e aves, así como unha rica flora lacustre.

Inclúense na Rede Natura 2000, iniciativa europea que ten como obxectivo “garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e a flora e a fauna silvestres”. Ademais forma zona núcleo da Reserva da Biosfera Área de Allariz.

As nosas veigas configuran unha valiosa testemuña da paisaxe tradicional.

Trátase dun dos poucos territorios da Limia que aínda conserva a paisaxe dos tempos da Lagoa de Antela. Posúe un extraordinario interese paisaxístico e etnográfico, e conserva como actividade principal a agricultura.

reserva1 reserva2