Turismo rural

molino

Ruta dos muíños da San Miguel

Para os amigos de ir a tiro fixo ofrécese unha ruta que arranca do mesmo Congostro, do lu gar chamado A Rebulleira. Apenas se pisa o asfalto. É un itinerario moi interesante tanto pola flora como polas construcións populares, e polas paisaxes que se dominan.

O percorrido faise sempre cara a arriba; no km 0,6 vese o primeiro dos muíños, edificado a carón do rego de Penelas.

A San Miguel chégase cando se levan 19 minutos de andadura; trátase dunha aldea que a pesar de ter algún elemento de materiais novos, polo xeral preséntase ben conservada, cunha boa colección de canastros.

Xa no km 1,45 aparece un segundo muíño; tras unha pequena costa atópanse outros dous, un deles moi ben restaurado.

Xa de volta atopamos un carreiro que nos leva ó impresionante castro de San Miguel, que compón unha magnífica paisaxe coa chaira da Limia ós pés. Atopámonos de novo coa aldea de San Miguel, deixando un restaurado forno que funciona de vez en cando. Pouco máis abaixo atopámonos co lugar de Santo André, unha aldea hoxe en día rehabilitada para turismo rural. Camiño abaixo atopámonos con Congostro e rematamos na súa espectacular aira.

mesa casa

Turismo rural

Aloxamentos Turísticos:

No concello podemos atopar diversas casas e hotelse de turistmo rural:

  • Hotel San Ambrosio: Hotel Rural - A Sainza. Tlf. 988 465 588/ 628 105 861
  • O Outeriño: Casa de Aldea Restaurada - Outeiriño. Tlf. 609 446 103
  • Rectoral De Candás: Pazo Residencia - Candás. Tlf. 988 465 497 / 629 401 164
  • Pensión de Sabariz: Casa de Aldea - Sabariz. Tlf. 988 302 443 / 699 776 693
hotel1 casa2 casa3
casa4 casa5

Aldea turística Santandré

Saíndo de Congostro cara San Miguel atopámonos a aldea rural de Santandré. Consiste nun pequeno grupo de casas illadas, totalmente restauradas. Dende elas podemos divisar Congostro dentro do contesto da comarca da Limia á que pertence: a súa situación xunto co ambiente familiar no que un se atopa aquí, fan deste espazo un lugar realmente acolledor e tranquilo.