Situacion

Mapa

O Concello de Rairiz de Veiga enmárcase xunto con outros dez concellos máis na chamada Limia Alta, na que se combina a chaira e a montaña, mais en calquera caso, terras elevadas sempre por riba dos 500 m sobre o nivel do mar. Sitúase no sueste da provincia de Ourense e no cuadrante nordeste da comarca da Limia.

O municipio conta con oito parroquias: Candás, Congostro, Guillamil, Lámpaza, Ordes, Rairiz, Sabariz e Zapeaus que ocupan unha superficie de 7239 ha. A parroquia de maior superficie é Guillamil e as máis pequenas son Candás e Zapeaus.

Como o seu nome indica é un concello que ten parte do seu territorio situado no que eran as veigas da antiga Lagoa de Antela, hoxe desecada e da que se conservan pequenas charcas, algunhas situadas no concello de Rairiz de Veiga, a chamada Veigas da Ponte Liñares.